Plans quinquenais da URSS

Os plans quinquenais para a economía nacional da Unión Soviética (ruso: пятилетка, pyatiletka) foron unha serie de proxectos nacionais centralizados para o desenvolvemento da economía soviética. Os plans eran deseñados por un comité estatal de planificación que se baseaba na teoría das forzas produtivas, unha das principais normas xerais do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) para o desenvolvemento económico. Este método de planificación foi adoptado pola maioría dos países comunistas, incluída a República Popular da China. A Alemaña nazi emulou estes plans no seu Vierjahresplan, destinado a preparar o país para a inminente guerra.

Algúns dos plans quinquenais non cumpriron co período asignado: uns completáronse con éxito antes do previsto, en canto que outros fracasaron e foron abandonados. En total aprobáronse trece plans quinquenais. Os plans iniciais creáronse para a rápida industrialización da URSS, e polo tanto, estaban enfocados cara á industria pesada. O primeiro foi aprobado en 1928 e estaba fixado para o período de 1929 a 1933, mais completouse un ano antes. O último plan quinquenal estaba fixado de 1991 a 1995 e non puido completarse debido á disolución da Unión Soviética en 1991.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search